Thursday 02 de May de 2024

Felicitación navideña aos usuarios da UAD


Ao igual que o ano pasado o alcalde de Riveira Manuel Ruiz e máis a concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño acudiron á sede da Unidade de Atención a Drogodependencias (UAD) para felicitar aos seus usuarios as festas de Nadal e repartir uns agasallos propios destas datas.

Acompañado do responsable da UAD, Jesús Cartelle, e de outros traballadores da instalación, os dous representantes da Corporación tiveron ocasión de dirixirse a unha vintena de usuarios da unidade de día e desexarlles que pasen estas festas cos seus seres queridos.

A continuación visitaron distintos módulos do edificio onde se desenvolven talleres como o de pintura, plantación de bonsais ou música sempre na procura de acadar a inserción social dos pacientes.